recent posts
Tags cloud

Un Plan Estatal de Vivenda que non resolve a situación da poboación máis vulnerable
Os fogares dedican case o 31% do total dos seus gastos a vivienda, sendo ese porcentaxe de máis do 40% entre os máis pobres.
O orzamento total destinado a vivenda recortouse nun 75% nos últimos 8 anos
O Consello de Ministros ven de aprobar Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Este plan ten como obxectivo buscar solucións para garantir o acceso a vivenda (Acceso a Plan aquí).
O orzamento destinado a vivenda recortouse nun 75% nos últimos 8 anos. O novo Plan “está moi lonxe das expectativas das entidades sociais”, que reclaman unha maior inversión que reduza a precariedade e a pobreza. De feito, destinarase tan só un 0,03% do PIB, moi lonxe da media europea.
Mentras tanto, o gasto medio dos fogares en aluguer aumentou un 10% entre 2008 e 2016. Según os datos da Encuesta de Presupuestos Familiares 2016 (INE), os fogares dedican case o 31% do total dos seus gastos a vivenda, sendo ese porcentaxe de máis do 40% entre os máis pobres, fronte ao 26,6% entre os que máis ingresos teñen.
Un plan que para pouco vai a servir
Dende EAPN, considérase que este Plan, “sendo continuista respecto do Plan de Vivenda 2013-2016, non vai a resolver a situación de exclusión residencial a que se ve abocada unha parte da poboación, e que requiere dun cambio drástico de rumbo das nosas políticas de vivendas”. Non se tivo en conta a posibilidade de incorporar nalgús dos seus programas, como o de fomento de aluguer, criterios de priorización de situacións sociofamiliares que engaden maior vulnerabilidade; non considera a situación de familias con menores a cargo, a monoparentalidade ou monomarentalidade, as situacións de violencia machista, etc.
Sendo un dos obxectivos deste Plan de Vivienda o fomento do aluguer, tería sido desexable a reincorporación das desgravacións fiscais no tramo estatal do IRPF polo aluguer de vivenda, tal e como existían no Plan anterior.

En cambio, valórase positivamente que o Plan, a diferencia do anterior, contemple específicamente os supostos de infravivenda e chabolismo, dando así resposta a un dos principais problemas de exclusión socioresidencial. Ou que contemple facer acordos con Concellos e non só cos gobernos autonómicos.
A Axenda Social de Galicia como oportunidade
Varias das eivas do no Plan poden minorarse con actuacións que se recollan na nova Axenda Social de Galicia, asinada entre a Xunta de Galicia, FEGAMP e EAPN Galicia.
Comezando pola necesidade de coñecer a poboación obxectivo, en especial persoas en risco de exclusión ou pobreza severa, transparencia no grado de cumprimento das medidas implantadas, reducir a hiperburocratización que está a causas serios perxuizos ás persoas (ademáis de saturación dos servizos sociais comunitarios e organizacións do Terceiro Sector)
O Decreto que debe regular a Lei de Inclusión (RISGA) é unha excelente oportunidade para reforzar medidas como o complemento vivenda ou a automatización da coordinación entre as áreas de Inclusión e Vivenda nas solicitudes e relación con Bono Alugueiro Social por exemplo. Ou tamén incluir accións coordinadas de loita contra a infravivenda e chabolismo.



