recent posts
Tags cloud

Galicia retrocede na loita contra a pobreza severa
A pesares do aumento do orzamento e de persoas perceptoras da RISGA, no período 2014-2015 Galicia retrocede dende o noveno ata o undécimo posto entre todas as Comunidades Autónomas.
O conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia comprométese a publicar por fin no 2017 o Decreto que desenvolva a Lei de Inclusión galega.
Os últimos datos presentados no Informe de rendas mínimas de inserción (2015) elaborado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, revelan que a nosa Comunidade Autónoma qúedas atrás nos número de persoas perceptoras de rendas mínimas (en Galicia a RISGA) superada por Andalucía e Canarias no ranking nacional.
A nivel estatal, o número de perceptores ascendeu ás 323.406 persoas en 2015, e se temos en conta aos beneficiarios indirectos e non unicamente á persoa titular da renda, a cifra elévase ata as 789.672 persoas. Os datos a salientar de dito informe son os seguintes:
- 13.848 persoas percibiron unha RISGA en Galicia no 2015, un 12,8% máis que no 2014 (12.071). Por debaixo da media de todo o estado, que creceu un 18,3%.
- Galicia retrocede 2 postos no ranking de CCAA ata o número 11, cando no 2014 era a 9ª. Foi superada por Andalucía e Canarias, aínda que é necesario apuntar que en Galicia o aporte medio anual por persoa é superior a estas dúas (3.626€ Galicia, 3.251€ Canarias e 1.725€ Andalucía).
- 5 de cada 1000 persoas perciben unha RISGA en Galicia. A media estatal é case de 7 e comunidades como Castela e León ou Asturias supón 6,2 e 19,3 respectivamente. En Euskadi 36,7 de cada 1000 persoas a percibe, 7 veces máis que Galicia.
- Este retroceso tamén se manifesta na contía mínima da RISGA que é de 399€/mes fronte aos 426 de Castilla y León ou os 442 de Asturias. A moita de comunidades como Navarra ou o País Vasco, cunha mínima de 548,5 e 665.9€/mes.
O decreto da RISGA no 2017
Estes datos explicarían en parte que a pobreza severa en Galicia (persoas con ingresos inferiores a 330€/mes) aumentara no 2015 ata as 132.000 persoas (4,8%), 36.000 máis que o ano anterior.

Nesta xuntanza valoráronse positivamente os resultados das actuacións prevista na Axenda Social, compartidos entre a Xunta de Galicia, FEGAMP e EAPN Galicia, como representante do Terceiro Sector de Acción Social galego. Vendo a necesidade da súa avaliación detallada do cumprimento dos compromisos de cada parte e de reforzala e ampliala nesta nova lexislatura, asegurando unha imprescindible coordinación política e técnica entre administracións e Terceiro Sector.
A mellora sustancial da Renda de Inclusión Social de Galicia foi tamén tratado na xuntanza, axilizando prazos, reducindo burocracia e asegurando que poida ser compatible con ingresos puntuais ou o emprego e un proceso de inclusión normalizado para cada persoa.
Neste senso, o Conselleiro comprometeuse a publicar neste ano 2017 o decreto que desenvolva á Lei de Inclusión, que, aínda con tres anos de retraso segundo os prazos marcados pola mesma Lei, permitiría que estas medidas se levasen a cabo dun xeito efectivo.





