recent posts
Tags cloud

Converte a túa declaración da renda nunha declaración solidaria
Marcar o cadro de Fins Sociais é un xesto solidario que non custa nada

Representantes de Organizacións non Lucrativas Galegas presentamos a Campaña X SOLIDARIO que cada ano leva a cabo o sector social para concienciar ás persoas contribuíntes sobre a necesidade de marcar o cadro de Fins Sociais na declaración da renda e contribuír así co 0,7% da súa cota íntegra a programas dirixidos aos colectivos máis desfavorecidos.
O ano pasado recadáronse en Galicia, a través do cadro para Fins Sociais, 14,1 millón de euros. Se todos os contribuíntes galegos marcaran o recadro de fins sociais destinados aos proxectos para as persoas máis desfavorecidas a cantidade final ascendería a 26 millóns de euros.
Máis infomación sobre os programas que se financian en Galicia grazas ao IRPF ó máis información neste enlace.



