recent posts
Tags cloud

Cómo facemos para que as nosas fillas e netas non herden a pobreza?
A loita contra a pobreza familiar (en especial a infantil e xuvenil), a súa transmisión interxeneracional e os prexuizos e mentiras sobre as persoas en pobreza ou exclusión social, claves do VII Foro de Pobreza, Exclusión Social, Terceiro Sector e Voluntariado
Facultade de Matemáticas USC, Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2017

Non hai nenas e nenos pobres en familias ricas. No Foro capacitarase sobre iniciativas de loita contra a pobreza que beneficien directamente á poboación infantil e xuvenil dente os eidos socioeducativo, sociosanitario ou da súa participación. Buscarase mellorar o acompañamento e atención das persoas en situación de exclusión.
Co seu tradicional enfoque práctico e construtivo, o Foro contará coa presenza de máis de vinte expertas, como Joseba Zalakain (director SiiS. Centro de Documentación y Estudios Servicios Sociales), Guillermo Fernandez Maillo (Fundación Foessa/Caritas), Kepa Paul Larrañaga (Grupo de Sociología de la Infancia y la Adolescencia) ou Jordi Longás (Director científico do programa CaixaProinfancia)
O proceso de inscrición (de balde) xa está aberto. As prazas son limitadas, polo que é importante facelo antes do 20 de outubro neste enlace.
Programa Foro (resume) Máis información e documentación na web do VII Foro
9.30 INAUGURACION
9.45 DIALOGO. Derrubando un muro de mentiras sobre a pobreza e a exclusión social
Natalia Monje. Grupo Comunicación EAPN Galicia/Proxecto cibeRespect contra o odio nas redes sociais
Grupo Participación EAPN Galicia.
10:30 CONFERENCIA: Qué deberíamos facer para loitar mellor contra a pobreza infantil e xuvenil?
Jordi Longás. Director científico programa CaixaProinfancia
11.45 DIALOGO. Cómo evitamos que a pobreza se herde?
Joseba Zalakain (SiiS. Centro de Documentación y Estudios Servicios Sociales)
Guillermo Fernandez Maillo (Fundación Foessa/Caritas Española)
13.15 DIALOGO. Cómo evitamos, con urxencia, que a pobreza se herde en Galicia?
16:00 COMO MELLORAMOS…? Diálogos de saberes:
A loita contra a pobreza e a exclusión social no eido socioeducativo?
A participación das nenas e os nenos na defensa dos seus dereitos?



