recent posts
Tags cloud

EAPN-Galicia consolida o seu grupo de xénero e vístese de negro #ContraAsViolencias
O primeiro obxectivo deste grupo é elaborar un decálogo cos compromisos mínimos de EAPN e as súas entidades membro para implantar a perspectiva de xénero en todas as áreas de intervención e avanzar cara á equiparación de dereitos e condicións entre homes e mulleres . Un documento que será presentado na vindeira Asemblea para a súa aprobación.
Unha das actuacións que se fixaron como prioritarias no Plan Estratéxico 2016-2019 foi a de fomentar “a equidade entre homes e mulleres e de garantía da diversidade que oriente as accións e traballo de EAPN-Galicia e as súas entidades membro”.
É por iso, polo que, como xa fixo no Código de Conduta na Comunicación da Pobreza e a Exclusión Social, preténdese elaborar un decálogo con compromisos mínimos, ferramentas e propostas de accións de cara a implantar a perspectiva de xénero en todas as áreas de intervención e que sirva para avanzar cara á equiparación de dereitos e condicións entre mulleres e homes, tanto en EAPN como nas entidades membro. Este documento deberá ser aprobado na vindeira asemblea e será de obrigado cumprimento para calquera organización que desexe ser membro da rede.

De maneira simbólica, esta xuntanza celebrouse preto do día 25 de novembro, Día Internacional contra as Violencias Machistas.
En relación a este día e a todo o que representa, EAPN-Galicia adheriuse á campaña En Negro Contra as Violencias, impulsada inicialmente dende o concello de Santiago pero desenvolvida nesta edición que se leva celebrando dende fai uns anos, e a que xa pertencen máis de 100 concellos de toda Galicia, vestindo de negro numerosos espazos de traballo, escaparates, postos dos mercado, librarías, cafés, hoteis, redes sociais, etc.
Animamos a todas as que aínda non o fixeron, a inscribirse no mapa web http://ennegrocontraasviolencias.gal/ para vestir #GaliciaEnNegro #ContraAsViolencias .




